Axenda de actividades provinciais
“Cómicas, habelas hainas!”
Esta proposta da Deputación de Pontevedra, coordinada pola actriz, xornalista e cómica viguesa Jazmín Abuín, nace da idea de rachar cos prexuízos que aínda hoxe moitas compañeiras de profesión seguen a sufrir, especialmente en Galicia, como mulleres no eido da comedia.
“Cómicas, habelas hainas!” é un proxecto que levará a comedia feita e protagonizada por mulleres por todas as comarcas da provincia de Pontevedra, cun espectáculo de comedia en vivo de pouco máis dunha hora, con diferentes artistas e temáticas, e cun formato áxil e dinámico no que o público terá a oportunidade de ver tres cómicas de recoñecido prestixio, acompañadas dunha presentadora.
Información
- Xoves 20 de abril
- 20.30 h
- Auditorio municipal del Concello de Vigo (plaza de O Rei 1)
- Entrada libre ata completar aforo. Público adulto
- Máis información