Campaña contra as agresións sexuais 2020
A Deputación de Pontevedra continúa adiante coa súa campaña de prevención das agresións sexuais "Lembra: eu decido, ti respectas", que lle dá continuidade á iniciada en 2017 baixo o lema "Conta comigo, eu respéctote".
O obxectivo desta iniciativa é previr e actuar contra as agresións sexuais categorizadas como violacións en cita e as agresións por submisión química. Trátase dunha campaña informativa entre a mocidade para sensibilizar, concienciar e informar sobre a violencia sexual que padecen as mulleres.
A finalidade é poñer o foco no consentimento trasladándolle tres ideas indispensables á xente moza:
- O silencio non é un si
- Se a outra persoa está bébeda ou inconsciente, non hai consentimento
- A outra persoa ten dereito a parar en calquera momento
A mensaxe transmitida ás persoas asistentes caracterízase pola insistencia na necesidade de focalizar a culpabilidade no agresor, nunca na vítima.
A campaña desenvólvese nos Rías Baixas Fest e nas festas de interese turístico da provincia. Pero este ano toca reinventarse por mor das restricións da COVID-19, polo que esta edición 2020 será totalmente dixital.
A repartición de merchandising substituirase por dúas pezas audiovisuais, con testemuños do persoal traballador de cada un dos festivais, artistas e representantes institucionais, incluída a presidenta da Deputación, que trasladarán a información da campaña, así como o seu compromiso fronte ás agresións sexuais.
Tamén disporemos de guías con cadansúa mensaxe diferenciada, unha dirixida ás mozas e outra aos mozos. A campaña está aberta á participación de todas aquelas persoas que desexen implicarse subindo os seus vídeos ás RRSS. Deste xeito potenciarase o impacto da campaña, favorecerase o seu efecto multiplicador e aumentarase o seu alcance.
A posta en marcha deste tipo de iniciativas contribúe sen dúbida ao avance cara á igualdade efectiva entre mulleres e homes e a Deputación de Pontevedra segue traballando sen descanso para lembrarlle á cidadanía os nosos dous lemas:
#LembraEuDecidoTiRespectas
#ContaComigoEuRespéctote
Descargas
Última modificación: venres, 31 xullo 2020
-
"Non toleres as agresións sexuais. Actúa e denuncia" Mensaxe contundente da campaña da Deputación "Eu decido, ti respectas"
31 de xullo de 2020 -
A Deputación achega ao Barbeira SeaSon Fest de Baiona a campaña contra os plásticos de "Experiencias SOStibles" e a da loita pola igualdade
20 de setembro de 2019 -
A Deputación de Pontevedra leva a súa campaña de igualdade ao festival Canteira Fest de Vilaboa
19 de setembro de 2019 -
A Deputación leva o seu compromiso coa transición ecolóxica e a redución de plásticos ao Barbeira Season Fest de Baiona
11 de setembro de 2019 -
A Deputación de Pontevedra leva a súa campaña de igualdade ao Entroido de Verán de Redondela
20 de agosto de 2019 -
A campaña de igualdade da Deputación de Pontevedra chega ás festas de Cangas
19 de agosto de 2019