#DEPORTES

Depo_Andainas

Unha forma de vivir e coñecer os lugares máis espectaculares da provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra promove, a través do programa "Depo_Andainas", unha serie de rutas destinadas á poboación en xeral que discorren polos puntos máis emblemáticos da provincia. Son máis ca rutas de sendeirismo, son unha forma de vivir e coñecer os lugares máis espectaculares da provincia de Pontevedra, coñecendo as localidades e as súas xentes a través dos ríos e os bosques.


"Depo_Andainas" é un programa gratuíto que oferta a Deputación de Pontevedra, que consta dunha serie de rutas nas que as e os participantes sentirán a natureza mentres camiña polos sendeiros.

Quen pode participar?

Está dirixido ás persoas que gocen coñecendo o contorno natural e cultural polas sendas e camiños da nosa provincia; as "Depo_Andainas" abren a posibilidade de viaxar doutra maneira nunha aposta pola actividade física como forma de vida para coñecer e descubrir a variedade patrimonial da nosa provincia.

Nel poden participar persoas, grupos de amigas e amigos ou familias de calquera idade que se consideren aptas para levar a cabo a actividade.

Número de andainas e prazas

O programa ofrece 4 saídas. Para cada día ofértase un máximo de 200 prazas.

Consulta os itinerarios e as características e apúntate canto antes a través da nosa web.

Formalización da inscrición

As persoas participantes poderán inscribirse a partir do día designado para tal efecto pola Deputación e ata completar o límite de prazas.

Ofertaranse un total de 200 prazas. Aquelas persoas que se anoten con posterioridade (ata un máximo de 50) pasarán á lista de agarda. O prazo de inscrición rematará o luns anterior á realización da andaina ás 10 horas.

No caso de non poder asistir á andaina na que estea inscrita ou inscrito deberá comunicarllo ao Servizo de Deportes antes do peche de inscricións o luns anterior á realización da andaina ás 10 horas, enviando un correo electrónico co nome e o DNI a deportes@depo.gal. Deste xeito pasará a ocupar a súa praza unha persoa da lista de agarda. A partir dese día as persoas que renuncien ou non asistan á andaina serán sancionadas e quedarán automaticamente excluídas do resto de andainas.

Ás persoas participantes confirmaráselles a asistencia a través de www.depo.gal, coa publicación da lista definitiva, e vía SMS.

Funcionamento do programa

Elixe unha das nosas rutas, ata ben os cordóns e apúntate!

As e os participantes deberán desprazarse ao punto de partida da ruta, onde se lles asignará un monitor e un grupo.

Así mesmo, todos os participantes deberán respectar os protocolos de actuación establecidos, dende o inicio da ruta ata a súa finalización.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.

Galería de imaxes

ODS NOS QUE TEN IMPACTO