DEPOrte Escolas 2017-2018

"DEPOrte Escolas" é un programa deportivo totalmente gratuíto que busca promover a actividade físico-deportiva entre as nenas e nenos en idade escolar a través da oferta de diferentes modalidades deportivas: atletismo (marcha), baloncesto, balonmán, fútbol, judo, patinaxe, piragüismo, rugby e taekwondo.

A única condición que tes que cumprir é ter moitas ganas de pasalo ben practicando a túa modalidade deportiva preferida.

Pasos para formalizar a inscrición:

  1. Busca o concello e a modalidade de escola na que queres participar (no caso de haber varias escolas da mesma modalidade nun concello, especifica a cal queres asistir e, de poder asistir a varias, indica a orde de preferencia)
  2. Cubre debidamente a solicitude de inscrición e entrégaa en calquera dos rexistros da Deputación, nas oficinas do ORAL ou envíaa por correo electrónico a  deportescolas@depo.es

Aquelas persoas que non sigan estas instrucións e que non reciban a autorización desde o Servizo de Deportes da Deputación non poderán participar nas actividades.
As alumnas e alumnos que non asistan ás tres primeiras clases sen xustificar a súa ausencia serán dados de baixa e a súa praza pasará a ser ocupada polas seguintes persoas da lista de espera.

Entidades

Todas as entidades (concellos, clubs deportivos, as ANPA...) que desexen inscribirse deberán cubrir o impreso de solicitude e presentalo no Rexistro da Deputación ou envialo a deportescolas@depo.es.

Non se abrirán deporte-escolas nos concellos nos que existan escolas municipais. 

Clausura das Deporte Escolas 2016-2017

0 - 0 de 0 albumes existentes

  • Rugby
    Rugby
  • Patinaxe
    Patinaxe
  • Fútbol
    Fútbol
  • Judo
    Judo
  • Balonmán
    Balonmán