Exposición “Rompe. Xoga en igualdade"

Rompe. Xoga en igualdade
Desde 07 Feb 2019 ata 03 Mar 2019
Casa da Cultura. Ponte Caldelas
Esta mostra reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Nesta exposición de poesía visual, o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo.

As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores.

Información
  • Horario: de luns a venres de 16:00 h. a 21:00 h
  • Inauguración: 7 de febreiro ás 12 h
  • Máis información