Exposición Galaicos. Un pobo entre dous mundos

Exposición galaicos
Desde 31 Oct 2018 ata 03 Mar 2019
Museo Arqueológico Nacional, rúa Serrano, 13. Madrid
A exposición "Galaicos. Un pobo entre dous mundos", impulsada pola Deputación de Pontevedra a través de Turismo Rías Baixas, aproxímanos a esta terra durante un período de máis de mil anos, o comprendido entre o crepúsculo da Idade de Bronce (1500-800 a. n. e.) e o século VI. Máis de 65 pezas compoñen esta mostra itinerante que comezará a súa andaina o 31 de outubro no Museo Arqueolóxico Nacional, pasará por Valencia e pechará o ciclo no Museo de Pontevedra, xusto a tempo para conmemorar o 125.º aniversario da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, xerme deste.
Información

Horario de visita

  • Martes a sábado: 9.30 – 20.00 h
  • Domingos e festivos: 9.30 – 15.00 h

Visitas guiadas

Martes e xoves, 12:00 h / mércores e venres, 18:00 h
(Excepto días festivos)
Adquira a súa entrada desde unha hora antes da actividade. Aforo: 20 prazas

Máis información en: galaicos.depo.gal