Axenda de actividades provinciais

“Cómicas, habelas hainas!”

2023-04-20 20:30:00.0
Auditorio municipal del Concello de Vigo (plaza de O Rei 1)
Cómicas, habelas hainas

Esta proposta da Deputación de Pontevedra, coordinada pola actriz, xornalista e cómica viguesa Jazmín Abuín, nace da idea de rachar cos prexuízos que aínda hoxe moitas compañeiras de profesión seguen a sufrir, especialmente en Galicia, como mulleres no eido da comedia.

“Cómicas, habelas hainas!” é un proxecto que levará a comedia feita e protagonizada por mulleres por todas as comarcas da provincia de Pontevedra, cun espectáculo de comedia en vivo de pouco máis dunha hora, con diferentes artistas e temáticas, e cun formato áxil e dinámico no que o público terá a oportunidade de ver tres cómicas de recoñecido prestixio, acompañadas dunha presentadora.

Información

  •  Xoves 20 de abril 
  • 20.30 h
  • Auditorio municipal del Concello de Vigo (plaza de O Rei 1)
  • Entrada libre ata completar aforo. Público adulto
  • Máis información