Axenda de actividades provinciais

RECOLLER / RECICLAR / RECREAR Obradoiro de creación artística

2022-03-18 17:00:00.0
Sede da Deputación de Pontevedra. Vigo
RECOLLER / RECICLAR / RECREAR Obradoiro de creación artística

Neste obradoiro teórico-práctico a autora fará un achegamento aos seus procesos e aos de outras e outros autores que parten do obxecto encontrado e a reciclaxe para construír a través da fotografía ou da colaxe a súa obra artística. En combinación con esta parte teórica, formularanse varias propostas de creación artística –incluída unha saída á rúa– que conxuga obxectos, textos ou fotografías encontradas para recontextualizalas a través do xogo e a reflexión.

Información

  • Data: venres 18 de marzo de 2022
  • Horario: de 17 a 20.30 h
  • Público ao que vai dirixido: calquera persoa interesada, a partir de 16 anos
  • ​Material necesario: unha cámara dixital ou teléfono móbil con cámara, tesoira e, opcionalmente, algún obxecto atopado ou material reciclado que resulte de interese para a persoa asistente.
  • Inscrición previa en participa.cultura@depo.es
  • Máis información