agenda
Concerto “Despedida do Vilancico”

Concerto “Despedida do Vilancico”

13 xan 2018
Igrexa parroquial de San Bartolomeu. Pontevedra
A igrexa parroquial de San Bartolomeu é o escenario do concerto "Despedida do Vilancico" que, un ano máis, e van alá sesenta, ofrece o Museo de Pontevedra para pechar musicalmente as festas do Nadal. Nesta ocasión estará a cargo do Coro Infantil Luis García Limeses, dirixido por Reyes Carballo, e a Xove Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, dirixida por Sergio Heredia. A entrada é libre.
Información