agenda
Exposición “Nado en pedra”

Exposición “Nado en pedra”

Desde 23 xan 2018 ata 18 mar 2018
Xardíns Pazo Deputación Provincial. Pontevedra
A Escola de Cantería, dependente da Deputación de Pontevedra, pon en valor o traballo de temática figurativa elaborado polo seu alumnado con esta mostra itinerante de 17 pezas en gran tamaño. A exposición, que se atopa nos xardíns do pazo provincial, contribúe a divulgar o nobre oficio de cantería e serve ademais como mostra da cultura e da idiosincrasia galega, xa que reproduce escenas cotiás e arquetipos tradicionais, como o ferreiro, a costureira ou o emigrante.
Información