agenda
Exposición itinerante “Ver e Tocar. Museo Tiflolóxico ONCE”

Exposición itinerante “Ver e Tocar. Museo Tiflolóxico ONCE”

Desde 08 feb 2018 ata 21 feb 2018
Sexto Edifcio, Museo de Pontevedra. Pontevedra
O Sexto Edificio acolle esta mostra itinerante coa que o Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra celebra o seu 75 aniversario. Na exposición pódese ver e tocar material tiflolóxico –obxectos dirixidos ás persoas invidentes- de diversas épocas e coñecer a evolución histórica do instrumental de escritura para persoas con deficiencias visuais e obras, tanto pinturas como esculturas, realizadas por artistas discapacitados visuais graves.
Información
  • A mostra compleméntase cun ciclo de conferencias con entrada libre os días 16, 20 e 21 de febreiro.
  • Máis información