agenda
Exposición “As nosas senlleiras”

Exposición “As nosas senlleiras”

Desde 12 abr 2018 ata 29 abr 2018
Sala de exposicións do Concello de Barro. Barro
A mostra inclúe unha selección de 35 árbores que aparecen referenciadas de xeito individual, pero tamén inclúe un mapa coas 48 árbores senlleiras e as 9 formacións de 41 especies botánicas que medran na provincia de Pontevedra. Teñen a consideración de senlleiras as árbores ou as formacións que, polas súas características extraordinarias ou destacables –tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza–, son consideradas reliquias botánicas con valor natural, científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental e merecedoras de especial protección.
Información
  • Inauguración: xoves 12 de abrilo, ás 20 h
  • Horario de visita: de luns a venres, de 9 a 15 h
  • “Verbas do monte”, venres 27 de abril ás 10 h con Anxo Moure. Actividade relacionada coa exposición para o alumnado do CEIP Amor Ruibal de Barro
  • Máis información