agenda
Rompe. Xoga en igualdade

Rompe. Xoga en igualdade

Desde 11 abr 2018 ata 13 mai 2018
Casa de las Artes, Policarpo Sanz, 15. Vigo
Proposta para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Trátase dunha exposición de poesía visual na que o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo. As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores.
Información
  • Horario: de luns a venres de 18 a 21 h. Sábados, de 12 a 14 h e de 18 a 21 h. Domingos e festivos, de 12 a 14 h
  • Inauguración: mércores 11 de abril ás 19:30 h
  • Máis información