agenda
Proxección dos documentais Thanatos e The Times and Tales of Two Beiruts

Proxección dos documentais Thanatos e The Times and Tales of Two Beiruts

17 abr 2018
Salón de actos do Sexto Edificio, Museo de Pontevedra. Pontevedra
Os dous documentais foron proxectos finais da décimo novena promoción da ESCAC. Trátase de Thanatos, dirixida por Axel D. Sánchez, e The Times and Tales of Two Beiruts, de Teymur Faris. Thanatos é unha curtametraxe documental que retrata a Gina, unha muller de Combarro que comparte co público a súa mirada retrospectiva sobre unha longa vida, sobre a morte e os sentimentos que florecen á súa avanzada idade. O seu director, Axel D. Sánchez, graduouse na ESCAC con mención en Documental no ano 2017 e Thanatos foi o seu proxecto de graduación. O outro documental que se proxecta é The Times and Tales of Two Beiruts, dirixido por Teymur Faris, cuxa intención é que o público poida coñecer e comprender a vida cultural do Líbano entre os anos 60 e 80 a través das fotografías do seu pai, Waddah Faris, que probablemente sexan os únicos arquivos que retraten este país de maneira completa nos seus anos máis revolucionarios.
Información