agenda
Ruinas de Santo Domingo Pontevedra

Visitas guiadas "Ruínas de San Domingos"

Desde 01 xul 2018 ata 31 out 2018
Ruinas de San Domingos, Avenida Montero Ríos, 1.. Pontevedra
No verán de 2018, o Museo de Pontevedra ofrece visitas guiadas gratuitas ás Ruínas de San Domingos, un convento gótico que, hoxe, é un dos monumentos máis visitados da capital do Lérez debido á súa localización estratéxica, no centro histórico da cidade, e á súa singularidade arquitectónica e a carga histórica que atesoura. O templo, que pasou por diversos usos ao longo dos séculos, foi declarado Monumento Nacional no ano 1895, tras salvarse da demolición completa por iniciativa popular. Actualmente consérvase a cabeceira de cinco ábsidas do edificio, considerada excepcional no gótico galego, xunto con parte do muro sur da igrexa e a entrada ao capítulo do convento, fundado orixinalmente ao redor de 1282.
Información
  • Horario: de martes a venres: 12 h e 17.30 h. Sábados: 17:30 h. Domingos e festivos: 12 h
  • Non é necesaria inscrición
  • Máis información: www.museo.depo.gal