agenda
Exposición Rompe. Xoga en Igualdade

Exposición “Rompe. Xoga en igualdade”

Desde 09 xul 2018 ata 29 xul 2018
Praza de Abastos. Mondariz
Esta mostra reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Nesta exposición de poesía visual, o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo.

As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores.
Información
  • Horario: todos os días da semana de 9:00 h. a 14:00 h.
  • Inauguración: luns 9 de xullo ás 12:30 h
  • Máis información