agenda
Exposicion Erotismo na danza

Exposición de pintura “Erotismo na danza”

Desde 13 xul 2018 ata 27 xul 2018
Palacete das Mendoza. Praza de Santa Maria s/n. Pontevedra
A exposición da pintora Encarna de Bejar Gallego aborda o erotismo na danza froito da estreita relación da artista coas bailarinas e bailaríns da Ópera de Niza con quen compartiu ensaios, coreografías e movementos de danza clásica.

A súa inspiración toma como referencia a observación deses corpos perfectos. Os seus cadros deben mirarse cos cinco sentidos porque son corpos que senten, que se tocan, que se miran, que se desexan e que se acariñan a través da danza.

A pintora Encarna de Bejar Gallego pasou a súa adolescencia na fermosa vila de Tui e cursou estudios universitarios en Pontevedra licenciándose en Belas Artes.
Información
  • Horario: De luns a venres de 9.00 h a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos de 10.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.00 h.
  • Entrada libre