agenda
Exposición A Gaita na música tradicional galega

Exposición “A gaita na música tradicional galega”

Desde 04 ago 2018 ata 19 ago 2018
Praza de Abastos. Mondariz
A mostra repasa a historia da gaita desde a súa aparición nun formato rudimentario na antiga Mesopotamia no 2.000 a. C. –onde xa se rexistra a idea de unir unha bolsa ou fol a un tubo sonoro–, ata a actualidade e facendo paradas en fitos e cuestións particulares como a figura do gaiteiro anónimo, o concurso de Ponteareas, a historia da Asociación de Gaiteiros Galegos, ou o único museo dedicado exclusivamente á gaita de fol como é a Casa da Gaita de Viascón en Cotobade. Está comisariada por Xaime Estévez Vila, Carlos Collazo de la Fuente e Ana Costas Carbajal, conta coa participación da Asociación de Gaiteiros Galegos, do obradoiro Gil de gaita tradicional, Pablo Carpintero, e inclúe numerosas fontes bibliográficas, deseños e fotografías dos fondos do Museo de Pontevedra.
Información
  • Inauguración: sábado 4 de agosto, ás 13.00 h, co concerto do cuarteto tradicional As Chispas de Compostela
  • Horario de visita: días 4 e 5 de agosto, de 9:00 a 21:00 h; día 6 en diante, de 9:00 a 14:00 h