17 MAIO
1978
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
![Antonio López Ferreiro](/documents/37861/3703521/antonio_lopez_ferreiro.png/d141e28a-7b93-1314-8dd9-bab3ff47d62f?t=1678456431890)
“Era unha desas seranciñas ausentes do mes de Mayo do ano 1378, e cerca da hora en que o boo de Lourenzo, xa canso da carreira do día parez como que se quer acochar. Pardas e pirguiseiras nubes recortadas á trechos por relumbrantes reberetes d’ ouro encobrían o ceo, e facíanlle capa aos paporrubios, aos melros, aos esquirbentes, aos ferreiros, ás bubelas, aos xirins, aos pinzons e a outros moitos paxariños, que cada un ao seu xeito e, como si foran á quen mais pode, cantaban, asobiaban e gorxeaban…”
O castelo de Pambre (1895)
Antonio López Ferreiro
(Santiago de Compostela, 1837 – Vedra, 1910)
Foi un escritor, historiador e crego galego, membro da Real Academia Galega, colaborador de diversas publicacións, catedrático no seminario compostelán e un dos pioneiros da novela histórica en Galicia. O seu estilo destaca polo uso dunha linguaxe rica e polas coidadas descricións de acontecementos históricos e elementos arquitectónicos.
GRANDES ÉXITOS
1894
![A tecedeira de Bonaval](/documents/37861/3703521/a_tecedeira_de_bonaval_antonio_lopez_ferreiro.png/b8cabb32-b71c-873c-2eeb-1a56743309f4?t=1678456431474)
A tecedeira de Bonaval, publicada en 1894, é unha novela histórica coa que podemos adentrarnos na situación de Galicia no século xvi e coñecer os enfrontamentos entre a burguesía e a nobreza naquela época.
O castelo de Pambre, publicada en 1895, é unha novela histórica ambientada na Galicia do século xiv na que se debuxan os conflitos entre as diferentes dinastías e as súas loitas polo poder.
![O castelo de Pambre](/documents/37861/3703521/castelo_de_pambre_antonio_lopez_ferreiro.png/4a633a4b-33bf-86d0-3bd3-2f7e87a40945?t=1678456432340)
1895
1905
![A tecedeira de Bonaval](/documents/37861/3703521/o_nino_de_pombas_antonio_lopez_ferreiro.png/642f1496-d773-1ab4-4c20-8671e6f4581e?t=1678456432899)
O niño de pombas, publicada en 1905, é unha novela histórica na que a acción discorre no século xii na contorna do mosteiro de Carboeiro en Silleda.
“Foi o primeiro que fixo novela en galego, agás o antecedente de Maxina ou a filla espúrea. Cultivou un xeito de narración histórica, na que fixo gala dun léxico ricaz, ben patente nas tres obras de xénero que saíron da súa pluma, A tecedeira de Bonaval, O castelo de Pambre e O niño de pombas.”
Historia da literatura galega (1951). Francisco Fernández del Riego