#DEPORTES
Depo Campus
Eventos deportivos
No Plan estratéxico do deporte estableceuse a necesidade de dotar ao tecido asociativo de medios loxísticos e organizativos para o desenvolvemento dos seus eventos deportivos, e para elo, a Deputación de Pontevedra crea o programa "Depo Campus"
A partir de agora, os clubs disporán deste espazo na web institucional para anunciar e facer publicidade de todos os campus deportivos que se poñan en marcha este verán, facilitando así, ademais, o acceso á información completa de toda a actividade provincial aos posibles participantes.
Se o teu club deportivo vai organizar un campus e queres participar nesta iniciativa, tes que enviar a contidosweb@depo.es unha descrición do mesmo (cun máximo de 15 liñas), a imaxe coa que queres promocionalo e a ligazón á páxina web do club.
Se o que pretendes é participar este ano nun campus podes consultar aquí a oferta deportiva.
APRENDENDO A XOGAR
BADMINTON SUMMER CAMP
Campamento de verán do CEIP de Guillarei, Tui
XVI CAMPUS E. D. VIGO 2015