#IGUALDADE
Forxadoras de historias, metal e pedra
Do 26 de setembro ao 10 de novembro de 2022
Sala Maruja Mallo. Sede da Deputación en Vigo
Inauguración: Luns 26 de setembro
Somos mulleres de Honduras, O Salvador, Panamá, Chile e República Dominicana, cun denominador común: a paixón polo deseño de xoias. Esta exposición busca exaltar as nosas raíces latinoamericanas e visibilizar o noso traballo, no que vertemos os nosos soños e no que mostramos o noso interese polo mundo da arte e a influencia do intercambio cultural. Esperamos que as nosas pezas forxadas en metal e pedra conten as nosas historias.
A través da xoiería buscamos rachar cos estereotipos e cos límites impostos á creatividade feminina, á vez que desenvolvemos o noso potencial para dinamizar a economía dos nosos países, a pesar dos grandes retos que se nos presentan, como emigrar a España para puír as nosas habilidades e buscar novas oportunidades. De aí nace o noso espírito emprendedor, cheo de paixón por traballar naquilo que realmente nos gusta. Ademais, buscamos contribuír á cohesión social e á posta en marcha de iniciativas solidarias.
Para nós as nosas raíces latinas son idénticas ás dunha xema, coma a súa beleza, rareza, durabilidade, portabilidade e moda, calidades inherentes ás artistas do noso colectivo.
- Beleza na nosa influencia de formas, cores puras e texturas.
- Rareza, en referencia ao noso poder e individualidade, que son difíciles de atopar e nos mostran unha realidade diversa, rica e con moitos matices.
- Durabilidade, como mencionabamos antes, a pesar dos retos e das dificultades que vive a nosa rexión, sabemos adaptarnos e vemos as oportunidades en momentos de crise.
- Portabilidade refírese a que, de algo tan pequeno, como poden parecer os nosos fogares, xeramos grandes riquezas.
- Moda, ao influenciala a través das nosas tradicións.
Pero o máis importante é a nosa orixe creativa e artesá, que nos leva a que os demais países se fixen en nós.
MULLERES FORTES E VALENTES, A NOSA PRESENZA ESTÁ EN TODAS PARTES
Artistas
ALEJANDRA CAMPOS
ANA CRISTINA FÉLIZ FÉLIZ
ANA CRISTINA LOZANO
ADRIANA GUTIÉRREZ
ANETHA McLEAN
DANIELA TAMAYO HERRERA
ESCARLEN MERCEDES FÉLIZ GUEVARA
GABRIELLA AMADOR
NARA M. TRUJILLO
REBECA TOVAR