#PríncipeFelipe

Escola Infantil de Príncipe Felipe

0-3 anos

A Escola Infantil de 0 a 3 anos da Deputación de Pontevedra constitúe un servizo público educativo para a primeira infancia; cumpre unha función social e educativa, proporcionándolles ós seus usuarios unha atención integral sen distinción de raza, sexo ou condición social, a través dun programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos nenos.


Pretende cooperar cos pais, nais e representantes legais co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e conseguir unha mellor integración entre o centro e as familias.

Instalacións

A Escola Infantil atópase no Centro Príncipe Felipe. Consta de oito aulas, unha para cada grupo de idade.

Nas aulas de 2 e 3 anos o lavabo está adaptado ós nenos.

Nas aulas de 0 a 1 e de 1 a 2, ademais dunha zona de aseo diferenciada, hai unha de descanso. A cociña, que se encarga de elaborar os menús, é a do CIPF.

Esta Escola Infantil tamén dispón de despacho de dirección e recepción, sala de reunións para profesores e pais, un vestíbulo e distribuidor, unha aula de usos múltiples (entre os usos máis destacados atopamos o de aula audiovisual ou de psicomotricidade e comedor) e baños para o persoal, un deles para discapacitados.

Conta cun patio exterior ó que se accede pola porta principal do edificio. O exterior está tratado con materiais adecuados para o seu uso; ten zona de xogos, soportal e xardín con herba. Toda a edificación, de 487,32 m2, pertence á Deputación de Pontevedra.

Servizos e horarios
  • Atención e coidado dos nenos de 0 a 3 anos
  • Servizo de comedor, que inclúe o almorzo, xantar, merenda e cea
  • Servizo complementario diúrno
  • Servizo médico de urxencia propio do centro

Niveis educativos que escolariza: número de unidades

  • Primeiro ciclo de Educación Infantil
    • De 0 a 1 anos de idade: 2 unidades
    • De 1 a 2 anos de idade: 3 unidades
    • De 2 a 3 anos de idade: 3 unidades

Total: 8 unidades

Horario do centro: de luns a venres, en horario ininterrompido, de 7:30 a 22:30 h

Matrícula

Bases que regulan a admisión das persoas usuarias na escola infantil de 0-3 anos do Centro Príncipe Felipe para o curso 2022/2023.

O obxecto destas bases é, en consonancia co previsto no Regulamento de organización e funcionamento da escola infantil do Centro Príncipe Felipe, desenvolver e levar a cabo a convocatoria anual para o acceso á escola infantil das nenas e nenos de 3 meses a 3 anos regulada nestas bases.