Protección de datos

Exercicio de dereitos en materia de protección de datos persoais

Que dereitos o/a amparan en relación co tratamento dos seus datos?

As persoas interesadas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade dos datos, segundo ao establecido nos artigos 15 a 22 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, xeral de protección de datos (RXPD).

Deste xeito, calquera persoa interesada ten dereito a obter confirmación sobre se na Deputación de Pontevedra estamos a tratar datos persoais dos que vostede é titular.

Así mesmo, tal e como se prevé no RXPD, informámoslle que vostede ten os seguintes dereitos:

  • Acceder aos seus datos

    A través do exercicio deste dereito pode coñecer os seus datos de carácter persoal que están a ser tratados por parte da Deputación de Pontevedra, a finalidade deste tratamento, a orixe dos citados datos e se se comunicaron ou se lle van comunicar a un terceiro.
     
  • Rectificación dos seus datos

    Consiste na posibilidade de que mediante o seu exercicio ante o responsable que trata os seus datos persoais modifique aqueles datos que sexan inexactos ou estean incompletos, debendo na solicitude de rectificación indicar que datos desexa que se modifiquen. A esta solicitude deberá achegarlle a documentación xustificativa correspondente.
     
  • Supresión de datos (dereito ao esquecemento)

    A través do exercicio deste dereito poderá solicitar a supresión dos datos persoais sen dilación debida cando concorra algún dos supostos legalmente contemplados. Por exemplo, tratamento ilícito de datos ou cando desaparecese a finalidade que motivou o tratamento ou a recollida.
    Con todo, existe unha serie de excepcións nas que non procederá este dereito. Por exemplo, cando deba prevalecer o dereito á liberdade de expresión e información.
     
  • Limitación do tratamento

    Solicitar a limitación do tratamento dos seus datos nos supostos contemplados pola lexislación vixente, que se conservarán unicamente para o exercicio ou a defensa de reclamacións, tal e como prevé o Regulamento xeral de protección de datos.
     
  • Á portabilidade dos seus datos

    En determinadas circunstancias terá dereito a recibir os datos persoais que lle incumban, que nos facilitará, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a llelo transmitir a outro responsable do tratamento.
     
  • Oporse ao tratamento dos seus datos

    En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular poderá oporse ao tratamento dos seus datos, caso no que deixariamos de tratalos salvo por motivos lexítimos imperativos ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
     
  • Contactar coa persoa delegada de protección de datos

    As persoas interesadas poderán poñerse en contacto coa persoa delegada de protección de datos da Deputación de Pontevedra polo que respecta a todas as cuestións relativas ao tratamento dos seus datos persoais e ao exercicio dos seus dereitos a través do formulario de contacto dispoñible na páxina "Delegado/a de protección de datos na Deputación de Pontevedra".
     
  • Dereito a non estar suxeito á toma de decisións automatizadas

    Non estar suxeito a decisións que se basean unicamente en tomas de decisións automatizadas, o que inclúe a creación de perfís, cando a decisión poida ter un efecto legal sobre vostede.
     
  • Presentar calquera reclamación ante a autoridade de control

    As persoas interesadas terán tamén o dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos: C/ Jorge Juan, 6. 28001. MADRID.
     

Cando responderemos á súa solicitude?

Responderemos ás súas peticións o máis axiña posible e, en calquera caso, no prazo dun mes desde a recepción da súa solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous meses en caso necesario e previa comunicación, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes.

Ten dereito a retirar o seu consentimento?

As persoas interesadas teñen dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

Onde debe dirixirse para o exercicio dos seus dereitos?

Para o exercicio dos dereitos recoñecidos as persoas interesadas deberán formular a petición correspondente por vía electrónica a través do formulario de instancia xenérica dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra ou presencialmente a través do formulario de instancia xenérica e presentalo debidamente asinado na rede de oficinas de asistencia en materia de rexistros dirixido á Deputación de Pontevedra.