Viveiros de empresa
A Deputación de Pontevedra puxo en marcha en 2016 os viveiros de empresa de Lalín e Barro coa finalidade de facilitar o desenvolvemento de iniciativas económicas de interese para a provincia nun contorno económico e empresarial complexo que demanda proxectos empresariais creativos, innovadores e sólidos.
Son unha estrutura de acollida temporal de empresas dirixida a encamiñalas nos seus primeiros pasos no mercado, prestarlles servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial e favorecer a colaboración entre elas.
Persoas destinatarias
Naves e oficinas:
- Autónomas e autónomos e empresas de nova ou recente creación (menos de 2 anos)
Posto espazo coworking:
- Persoas emprendedoras que necesiten un espazo para analizar e preparar o seu proxecto de negocio
Servizos
- Locais privados equipados con mobiliario e dotados de infraestruturas de electricidade, climatización, comunicación e auga (pagamento segundo consumo)
- Recepción e control de accesos de 8 a 22 horas, administración, limpeza e mantemento de zonas comúns, aparcadoiro, seguridade e impresora/fotocopiadora
- Chave de acceso
- Uso de balde da sala de xuntanzas (previa solicitude)
- Asesoramento e formación: creación e xestión de empresas; internacionalización; xestión da calidade; medio ambiente e prevención de riscos laborais; proxectos e subvencións relacionados coa Unión Europea; e asesoría xurídica, fiscal e laboral
- Asesoramento sobre TIC e mellora da competitividade empresarial a través da Rede SmartPeme
- Programa de actividades: dinamización empresarial e fomento da cultura emprendedora
- Cesión de espazos a asociacións empresariais para actividades propias de carácter puntual
Ser viveirista
As persoas físicas e/ou xurídicas (cunha actividade empresarial inferior a 24 meses e/ou con intención de constituírse nun prazo inferior a 3 meses) deberán presentar por rexistro a seguinte documentación:
- Solicitude (anexo I)
- Declaración responsable de non atoparse en ningunha prohibición para contratar
- Currículo profesional das persoas solicitantes
- Memoria descritiva da actividade (anexo II)
- Cronograma da posta en funcionamento
- Especificación do réxime tributario e da Seguridade Social
- Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento identificativo para persoas empresarias individuais
- Escrituras de constitución (se for o caso)
- Apoderamento (cando a ou o licitador non actúe en nome propio ou se trate de persoas xurídicas)
Para máis información pode consultar a normativa de aplicación:
- Bases (BOPPO, 10 de decembro de 2015)
- Ordenanza reguladora (BOPPO, 25 de febreiro de 2016)
- Acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan nos viveiros (BOPPO, 8 de novembro de 2016)
- Modificación do acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan nos viveiros (BOPPO, 14 de marzo de 2019)
O contrato de cesión das naves e oficinas é dun ano, prorrogable ata un máximo de tres. Nos postos do espazo coworking o contrato mínimo é dun mes, prorrogable mes a mes. A prórroga farase atendendo ás necesidades de estancia de cada unha das empresas previa solicitude (anexo III).
Contacto
Viveiro de Barro
- Teléfono: 886 217 310
- E-mail: viveiro.barro@depo.gal
Viveiro de Lalín
- Teléfono: 886 217 360
- E-mail: viveiro.lalin@depo.gal
ADL-Viveiros de empresas
- Teléfono: 686 540 897
- Correo-e: eliana.bouzas@depo.gal
Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra
- Teléfono: 986 804 100 (extensiones: 40265, 40267, 41277)
- Correo-e: marina.pineiro@depo.gal, ana.mateos@depo.gal, eugenio.marcote@depo.gal
Descargas
Fotos dos viveiros
0 - 0 de 0 albumes existentes