Camelias con nombre de mujer

Camellia japonica `Emilia Pardo Bazan´

 

Orixinada a partir dunha semente de C. japonica por Begoña Franco na Finca Chazo, Boiro (A Coruña). Floreceu por primeira vez en 2015. Nomeouse en honra a Emilia Pardo Bazán, nobre galega e recoñecida escritora, xornalista, crítica literaria, editora e catedrática, de finais do século XIX e principios do XX. Na súa obra plásmase o seu forte carácter feminista. Defendeu a igualdade dos dereitos e oportunidades de mulleres e homes, e o acceso da muller á educación. Foi a primeira muller en ocupar unha cátedra de Literatura na Universidade Central de Madrid, mesmo cando as mulleres tiñan difícil acceso á educación universitaria, e presidenta da sección de Literatura do Ateneo de Madrid. Tamén foi conselleira de Instrución Pública por nomeamento directo do rei Alfonso XIII

International Camellia Register | Rexistro e información da Estación Fitopatolóxica Areeiro

Características morfolóxicas

Flor

Tamaño: de medio a grande, entre 8 e 11 cm de diámetro, e de 4 a 4,5 cm de profundidade

Cor: vermella intensa, 53 A-C (RHSCC), un pouco máis clara na base 

Forma: dobre formal-forma de rosa

Pétalos: arredor de 50, os máis externos arredondados e os internos arredondados ou irregulares, coa marxe incisa nun ou varios puntos, cordado ou lixeiramente ondulado

Petaloides: ocasionais e escasos

Estames: ocasionais e escasos

Folla

Tamaño: medio, de 6,5 a 8 cm de longo e de 3,5 a 5,5 cm de ancho

Cor: verde escura, brillante

Forma: elíptica

Marxe: aserrada

Ápice: acuminado

Base: aguda

Planta

arbusto de crecemento medio e porte aberto

Floración: temperá, empeza a mediados de decembro e esténdese ata finais de marzo ou principios de abril

FENOGRAMA

 

Xan

Feb

Mar

Abr

Mai

Xun

Xul

Ago

Set

Out

Nov

Dec

Floración

                                               

 

Última modificación: venres, 04 xuño 2021