Camelias con nombre de mujer

Camellia japonica `Jimena Fernandez de la Vega´

 

Foi orixinada a partir de semente  por Begoña Franco na Finca Chazo, Boiro (A Coruña). Nomeada en honra de Jimena Fernández de la Vega Lombán, pioneira da Xenética Médica en España. Naceu en Asturias, pero viviu e estudió en Galicia e, xunto a su irmá xemela Elisa, foron as primeiras mulleres en licenciarse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, en 1919. Ambas obtuviron a cualificación de sobresaliente no examen de Grao e a Medalla de Alfonso XII polos seus méritos  académicos, consiguindo Jimena ademais,  o Premio  Extraordinario.  Ampliou os seus estudos con varias estancias en países europeos coma Italia e Alemaña, e foi precursora na aplicación da xenética á medicina. Dirixiu a Sección de Xenética e Constitución da Facultade de Medicina de Madrid, que mais tarde  convertiríase no Seminario de Estudos de Xenética, onde  desenvolveu  unha labor fundamentalmente divulgadora. Ao longo da súa carreira publicou numerosos traballos de investigación sobre xenética e hidroloxía, o campo ao que se dedicou nos últimos años da sua carreira, trala guerra civil. Foi unha muller adelantada ao seu tempo e un exemplo de traballo e dedicación nunha disciplina que ainda estaba a empezar.

International Camellia Register

Características morfolóxicas

Flor

Tamaño: grande, de 10,5 a 12 cm de diámetro e 3 a 5 cm de profundidade

Cor: rosa 58 C (RHSCC) nos pétalos das filas externas, tonalidade que se vai aclarando cara ao interior da flor, chegando ás veces mesmo ao branco

Forma: dobre formal a forma de rosa

Pétalos: de 55 a 85, os externos redondeados e elípt icos os internos, coa marxe cordada, incisa nun punto ou lixeiramente ondulada

Petaloides: sólo presentes nalgunhas flores, entre 5 e 35

Estames: soamente presentes cando ten forma de rosa, e poden verse ata 40; dispostos en fascículos, cos filamentos cor crema

Folla

Tamaño: medio, entre 9 e 12 cm de longo e de 4 a 6 cm de ancho

Cor: verde media

Forma: elíptica, ocasionalmente lanceolada

Marxe: lixeiramente dentada cara a base e aserrada no ápice

Ápice: apuntado, lixeiramente torcido cara un lado

Base: aguda

Planta

arbusto de crecemento medio e compacto

Floración: media estación, comeza a finais de xaneiro e exténdese ata maio

FENOGRAMA


 

Xan

Feb

Mar

Abr

Mai

Xun

Xul

Ago

Set

Out

Nov

Dec

Floración

                                               

 

Última modificación: martes, 05 outubro 2021