Camelias con nombre de mujer

Camellia japonica híbrida ‘Sofia Novoa'

Nomeada en honor a Sofía Novoa (Vigo, 1902), quen quixo achegar a música a todas as etapas do estudo. Cursou estudos en Madrid, onde, integrada nos círculos culturais da época, conviviu coa xeración do 27 a través da música e trabou amizade con personaxes coma Dalí, Lorca ou Buñuel. Tras o seu exilio republicano, consagrouse como catedrática nos Estados Unidos. A Deputación de Pontevedra potencia a súa figura cos Premios Sofía Novoa Ortiz aos traballos de fin de grao e de fin de máster nos que se integre a perspectiva de xénero.

International Camellia Register | Rexistro e información da Estación Fitopatolóxica Areeiro

Características morfolóxicas

Flor

Tamaño: medio, de 7,5 a 10 cm de diámetro e uns 8 cm de profundidade

Cor: rosa media

Forma: de anemone a peonia aberta

Pétalos: de 30 a 50; os máis externos redondeados e coa marxe cordada e moi ondulada; os internos redondeados e irregulares, mesturados con petaloides e estames, formando un centro compacto en forma de bóla

Petaloides: moi numerosos, de cor rosa raiados de branco

Estames: de 20 a 50, con filamentos de cor crema, non sempre visibles

Folla

Tamaño: medio a  grande, de 8,5  a 9,5 cm de longo e de 4, 5 a 5,5 cm de ancho

Cor: verde media a verde escura, brillante

Forma: entre elíptica e obovada

Marxe: dentada cara á base e serrada preto do ápice

Ápice: apuntado 

Base: aguda-obtusa

Planta

Arbusto compacto de crecemento medio e porte entre ergueito e semiaberto

Floración: temperá e longa, empeza en outubro e termina a finais de marzo, cunha plena floración entre decembro e febreiro

FENOGRAMA

  Xan

Feb

Mar

Abr

Mai

Xun

Xul

Ago

Set

Out

Nov

Dec

Floración

                                               

 

Última modificación: mércores, 12 maio 2021