#LINGUA

Casa de Rosalía

A Deputación de Pontevedra é mecenas da Casa Rosalía, un compromiso do organismo provincial que busca impulsar a posta en valor de Rosalía e, en concreto,  incrementar a oferta cultural sobre a autora dirixida aos concellos e aos centros de ensino da provincia de Pontevedra para, deste xeito, poñer en valor a lingua galega.


A colaboración, que se fai efectiva cunha achega económica de 10.000 euros anuais, busca promover e facilitar de maneira xeral a investigación sobre Rosalía como poeta de Galicia e tamén aumentar a programación cultural a través da diversificación de actividades cun programa variado e pedagóxico dirixido principalmente á mocidade da provincia de Pontevedra.