
#Deporte
DEPOcomparte
Préstamo de material para eventos deportivos
Depocomparte é un novo programa destinado a concellos e clubs deportivos para o préstamo de material para eventos deportivos totalmente gratuíto. Nace coa filosofía de compartir todos os servizos da Deputación coa cidadanía
O programa funcionará como unha central de reservas, é dicir, os beneficiarios simplemente terán que cubrir no formulario de solicitude as datas do evento e os campos de identificación, así como solicitar os materiais que estean dispoñibles para esas datas.
En concreto, a institución provincial porá á súa disposición dous kits para actos deportivos que consisten en:
Condicións para o préstamo
A Deputación de Pontevedra facilitará o material deportivo incluído no programa DEPOcomparte en condicións idóneas para o seu uso, asesorando os solicitantes para a utilización deste material no momento da súa retirada.
O servizo de préstamo DEPOcomparte ten carácter gratuíto; son por conta dos solicitantes os gastos derivados do transporte e persoal necesario para a recollida, instalación, retirada e retorno deste.
Non se aceptarán solicitudes con máis de dous meses de antelación respecto da data de desenvolvemento da actividade.
As entidades locais ou clubs deportivos beneficiarios asumen os seguintes compromisos:
- Devolver o material de préstamo no mesmo estado no que lles foi entregado, sempre dentro do prazo previsto no momento da reserva
- Asumir, en todo caso, os gastos de reparación cando se produza unha deterioración grave deste
- Responsabilizarse da instalación do material e dos danos sobre terceiros que esta poida provocar
Unha vez cuberto o formulario de solicitude, as persoas usuarias recibirán unha mensaxe na que se indicará que a solicitude foi tramitada e que, en breve, obterán unha resposta.
A solicitude será recibida polo persoal encargado da xestión dos materiais para eventos deportivos, que responderá, se é o caso, afirmativamente indicando a data e o horario para a recollida do material e para a súa devolución.
Non recoller e/ou entregar o material na data e hora establecidas pola Deputación de Pontevedra unha vez concedido o préstamo implicará a aplicación de penalizacións en reservas futuras.