#CULTURA

Día do Libro 2024

A desCuberta dos libros!

Desde a Deputación de Pontevedra propoñemos celebrar o Día do Libro homenaxeando a infancia, as primeiras lectoras e lectores, aos primeiros libros que collemos e collen as mans máis pequenas e a sensación especial que sentimos como cativas e cativos, e tamén como nais e pais, cando acontece a descuberta dos libros!


Por iso, queremos poñer de relevo a importancia da ilustración nas edicións infantís, a atracción que xera a imaxe xa desde a cuberta para animar os ollos pequenos a achegarse a un libro, a  escoitar unha historia, a soñar con ela, a inventar unha nova e, máis tarde, a aprender a lela ao pé da letra. Este Día do Libro na Deputación de Pontevedra será tamén unha homenaxe ás ilustradoras e ilustradores e ás editoriais referencia no libro infantil, un mundo no que a provincia de Pontevedra pode presumir de berce e talento.

Convidamos a toda a cidadanía a celebrar esta data asentada e perfecta para lembrar as nosas lecturas favoritas, porque o poder dos libros para espertar emocións, sentimentos e recordos é enorme, máis aínda cando se trata da primeira vez.

A desCuberta dos libros! 

Actividade polo Día do Libro. Martes 23 de abril, 11 h. Vestíbulo do Pazo provincial

Enchemos o espazo do vestíbulo do Pazo provincial coa imaxinación e o recordo dos libros infantís nunha actividade de contos e ilustración,  un convite a que as nenas e os nenos se acheguen co seu libro favorito para facer unha lectura compartida

CONTOS DEBUXADOS, DEBUXOS CONTADOS (CAXOTO & MARC TAEGER)

Que pasa cando xuntas ilustración e palabra escrita? Que xorden os grandes álbums ilustrados.

Que pasa cando xuntas ilustración e palabra contada? Pois que xorde Contos debuxados, debuxos contados.

O ilustrador Marc Taeger e o contador de contos Caxoto executan este man a man escénico nun perigoso experimento que non foi aprobado por ningunha autoridade competente. Dun lado, a picaresca, o trazo conciso e a fantasía visual de Marc; doutro, a retranca, a voz firme e o maxín bulebule de Caxoto. E por se iso fose pouco, nun triplo salto mortal a esta mestura engadímoslle a participación imprevisible do público… Que temos como resultado? Pois un espectáculo cheo de vitalidade, situacións esperpénticas, personaxes inesquecibles, creatividade desbordada, algunha que outra liorta escénica e moita, moitísima diversión cos libros a man!

 

 

 

Crea o teu primeiro libro

Propoñemos dous pequelibros ilustrados para que as e os máis pequenos escriban o seu propio conto.

Descárgao e prégao á metade para darlle forma de libriño e que eles completen os espazos e creen a súa propia historia.

E, se desexas compartilo con nós, tíralle fotografías ou escanéao e mándanolo a participa.cultura@depo.gal!

Marc Taeger

Ilustrador e deseñador especializado en traballos editoriais. Nado en 1963 en Bern (Suíza), pasou a súa infancia en Italia, Alemaña e España. Actualmente vive en Bueu (Pontevedra), onde traballa como ilustrador para publicidade, editoriais e prensa.

Estudou Deseño Gráfico e Ilustración na Escola Superior de Comunicación Visual de Trier (Alemaña). Pasou dous anos na axencia de publicidade Imparc en Düsseldorf coas deseñadoras Marion Lange e Elli Vogel. Iniciou a súa carreira como ilustrador en Barcelona, onde residiu durante vinte anos.

Tivo diferentes traballos expositivos en diversos países e recibiu varios premios, entre eles o Premio Daniel Gil de Ilustración e dous Laus, que concede a Asociación de Deseñadores Gráficos de España.

Está mergullado na presentación do seu último libro ilustrado, O elefante que perdeu o seu ollo, da editorial Kalandraka, unha fábula tradicional africana contada polo narrador Boniface Ofogo.

 Conto ilustrado por Marc Taeger (Pdf)"

 

Alicia Suárez

Nacida en Pontevedra en 1974, é licenciada en Belas Artes pola especialidade de Pintura na Universidade de Vigo. Comeza a súa incursión na literatura infantil con Kalandraka en 1998, editorial na que desde o ano 2007 ilustra a colección Makaquiños, de contos para nenas  e nenos con necesidades educativas específicas.

Desenvolveu o seu traballo como ilustradora profesional colaborando en libros de texto para educación primaria, e tamén ilustrou carteis, participou en exposicións para organismos oficiais e expuxo o seu traballo en certames internacionais coma a Bienal de Bratislava.

Despois de ilustrar máis de quince contos e álbums ilustrados para diferentes editoriais, na actualidade traballa na creación de proxectos escritos e ilustrados por ela mesma; Un ollo para ler, da editorial Galaxia, é o primeiro deles.

Conto ilustrado por Alicia Suárez (Pdf)"

 

 

Libros para seguir descubrindo
Bululú
os balbinos
os balbinos
os balbinos
os balbinos
os balbinos
os balbinos
os balbinos
os balbinos
os balbinos
os balbinos
os balbinos
os balbinos
os balbinos
os balbinos
os balbinos
os balbinos