Acción contra el Hambre en Galicia

Inclusión

Obxecto da entidade

Promover a inclusión sociolaboral de persoas que se atopan nunha situación de dificultade de acceso ao mercado laboral, tanto por conta propia coma por conta allea.

Persoas destinatarias

Persoas en busca activa de emprego (inscritas no Servizo de Emprego de Galicia) en situación ou risco de vulnerabilidade social.

Actuacións:

  • Vives Emprega
    É un programa de inclusión sociolaboral para a mellora da empregabilidade que inclúe:
    • Sesións de traballo en equipo para mellorar as habilidades sociais e as competencias para o emprego.
    • Sesións de atención personalizada para definir obxectivos concretos e establecer o plan de acción.
    • Formación en competencias dixitais e posta a disposición de recursos tecnolóxicos.
    • Formación con cualificación profesional en función do perfil das persoas participantes.
    • Posibilidade de prácticas non laborais en empresas.
    • Intermediación laboral
      • Sesións con empresas, responsables de Recursos Humanos e entidades colaboradoras nas que se proporciona información sobre o mercado laboral e os procesos de selección.
      • Participación en eventos de emprego propios de Acción contra a Fame.
    • Networking activo: creación dunha rede de contactos profesionais para crear sinerxías e oportunidades laborais a curto ou longo prazo.
  • Vives Emprende, economía con impacto social
    É un itinerario integral para facilitar o autoemprego e o emprendemento colectivo a través do desenvolvemento persoal e a adquisición e mellora de competencias técnicas e emprendedoras. O programa adáptase a cada participante e consta de:
    • Asesoramento individual técnico e financeiro: realízanse mentorías e asesoramentos técnicos sobre a idea de negocio, deseño do modelo de negocio, plan de empresa, plan de comercialización e mercadotecnia, plan económico financeiro etc.
    • Formación técnica a través de obradoiros grupais: para afianzar as competencias emprendedoras empregamos unha metodoloxía práctica, activa e participativa. Trátase de obradoiros impartidos por profesionais relevantes nas súas respectivas materias (comercialización, comunicación, finanzas...)
    • Xornadas e eventos
    • Asesoramento sobre o acceso a posibilidades de financiamento. O programa conta tamén cunha axuda propia a fondo perdido de ata 1.200 € para constituír cooperativas ou sociedades laborais.
    • Seguimento: unha vez constituído o negocio, faise un seguimento posterior durante o tempo que sexa necesario ata a súa consolidación.

Datos de contacto: