Luisa María Sánchez Méndez

Vicepresidenta segunda. Deputada de deportes e economía, impulso ao emprego

Luisa María Sánchez Méndez
Logo partido politico

Biografía

Naceu en Badaxoz en 1967.

É licenciada en Dereito e letrada asesora de empresa pola Universidade Pontificia de Comillas-ICADE.

Ao longo da súa traxectoria profesional desenvolveu a súa actividade como auditora na multinacional KPMG e no Hospital Povisa de Vigo. Ademais, entre 1999 e 2023, foi directora económico-financeira do Hospital Povisa de Vigo. Desde 2023 é a directora de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Incorporouse á vida política en 2023 como concelleira do Partido Popular en Vigo, onde ocupa os cargos de voceira adxunta e responsable do grupo municipal do Partido Popular nas áreas de Orzamento, Facenda e Urbanismo, e é representante do grupo municipal do Partido Popular no Consello Municipal da Muller, no Consorcio Casco Vello de Vigo e no Porto de Vigo.

Comisións informativas

  • Comisión Especial de Contas
  • Transparencia, Réxime Interno e Facenda
  • Cooperación Local, Transfronteiriza e de Coordinación das Emerxencias Provinciais
  • Turismo, Acción Comunitaria, Impulso Rural e Medio Ambiente
  • Igualdade, Políticas Sociais, Familia e Reto Demográfico
  • Proxectos Europeos, Modernización Tecnolóxica, Administrativa e Axenda Dixital
  • Cultura, Educación, Patrimonio Histórico, Documental e Lingüístico
  • Deportes, Xuventude e Vida Saudable
  • Infraestruturas, Equipamentos Públicos e Mobilidade
  • Promoción Económica, Impulso e Formación para o Emprego