Arranca o Campionato de España de Supermoto no Concello de Forcarei

30/06/2022

Campionato supermoto Forcarei

Esta fin de semana o circuíto de A Madalena (Forcarei) acollerá unha nova edición desta competición que non se celebraba nesta parroquia da comarca de Deza dende o 2019. O deputado de Deportes, Gorka Gómez, acompañou a Verónica Pichel, alcaldesa de Forcarei, e a José Canda, presidente da Federación Galega de Motociclismo, na presentación do campionato para transmitir o apoio e o compromiso da Deputación de Pontevedra con todos os deportes e competicións que se celebran na provincia e contribúen a levar o nome dos concellos máis aló das nosas fronteiras.

Esta é a segunda cita do calendario nacional e conta con 80 pilotos inscritos chegados dende España, Portugal, Francia, Italia e Brasil. O venres 1 terá lugar o adestramento libre, o sábado 2 o adestramento oficial, e o domingo 3 pola mañá, celebraranse as carreiras e a súa correspondente entrega de premios.