A Deputación destina 330.000 euros á organización de ata 200 campionatos, eventos e actividades deportivas en 34 concellos da provincia

As achegas increméntanse en 80.000 euros con respecto ao ano anterior para financiar 200 actividades -44 máis que en 2021- en 34 concellos

16/09/2022

Xunta de Goberno

A Deputación de Pontevedra vén de destinar 330.000 euros en subvencións a entidades deportivas para a organización de campionatos, eventos e actividades deportivas que se leven a cabo na provincia. Así o comunicou a presidenta, Carmela Silva, quen remarcou que estas achegas incrementáronse en 80.000 euros con respecto ao ano anterior facendo así que se sufraguen 200 actividades -44 máis que en 2021- en 34 concellos. Polo tanto, indicou, “o deporte estará presente en toda a provincia de Pontevedra”.

Con estas achegas a Deputación sitúase ao carón de “grandes e pequenos eventos deportivos, porque somos unha administración que cree no deporte”. Ademais, revalídase como “a administración que máis recursos dedica ao deporte”, un fito que acada “exclusivamente con recursos propios”.

Carmela Silva recordou que “os eventos deportivos son un elemento clave para atraer ás e aos visitantes ao territorio” e, en consonancia con outras institucións que se dedican ao sector turístico como a Organización Mundial do Turismo (OMT), a Deputación “aposta unha vez máis polo deporte e por un turismo desestacionalizado, xa que estas actividades deportivas desenvolveranse ao longo de todo o ano”. Ademais, puxo en valor que “todos estes eventos fan que participe e desfrute moita xente da nosa provincia, Galicia , o Estado e tamén xente de fóra”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.