A música da auga, contos e cantos do río Miño con Anxo Moure

A música da auga
29 Sep 2019
. Tomiño

Un pescador de cantigas (Servando Barreiro) e un home-peixe, un xacio do Miño (Anxo Moure), percorren contando e cantando a bordo dunha réplica rodante da gamela guardesa (última barca tradicional do río) os concellos das ribeiras miñotas na provincia de Pontevedra para divulgar a súa riqueza fluvial e cultural.

A intención é sensibilizar sobre o coidado dos leitos fluviais dando a coñecer a xeografía do Miño e o seu patrimonio lingüístico, etnográfico e mitolóxico cos nomes dos peixes, das árbores de ribeira, das embarcacións tradicionais, das artes de pesca e da propia toponimia Información

Información
  • Ás 11.30 h, pasacalles desde a praza do Seixo
  • Ás 12.00 h, actuación no mercado municipal