Cancelado Arte, paisaxe e xénero. Obradoiro para adultos

Arte e paisaxe
Desde 25/03/2020 ata 27/05/2020
Museo de Pontevedra. Pontevedra

Este obradoiro ten como obxecto afondar na relación existente entre arte e paisaxe dende unha perspectiva de xénero, coñecendo e aprendendo diferentes visións, procedementos e medios de expresión artística a partir da experiencia e obras de artistas dos séculos XIX ao XXI. Constará de dez sesións que se desenvolverán entre o 25 de marzo e o 27 de maio.

Información
  • Días: 25 de marzo, 1, 8, 15, 22, 29 de abril, 6, 13, 20, e 27 de maio  
  • Hora: de 17:30 h a 20 h
  • Número de participantes: 15
  • Inscrición:
  • A participación é gratuíta pero é preciso inscribirse a través do Gabinete Didáctico: tlfno. 986 804 100 extensión 42413 ou por correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es. En horario de 8:30 a 14:30 h
  • Máis información en museo.depo.gal