Axenda de actividades provinciais

Concerto: Eugene Chadbourne & Schroeder

2024-04-27 19:00:00.0
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Concerto de Eugen Chandbourne no Museo

Eugene Chadbourne é un referente internacional do free jazz, da improvisación e da música alternativa. Nacido en Mount Vernon (Nova York) en 1954, está en activo desde mediados dos anos setenta como guitarrista e banxista; ten publicado máis de 150 discos en solitario desde 1975 ata hoxe e colaborado con grupos e artistas da altura de John Zorn, Camper Van Beethoven, Jello Biafra, Turbonegro, They Might Be Giants e Violent Femmes, entre moitos outros.

Información

O concerto é de balde e con capacidade limitada, polo que cómpre reservar praza en reservas.museo@depo.gal antes do 26 de abril ás 14 h. Cada persoa pode reservar ata dúas prazas e deberá indicar un número de teléfono de contacto.

Máis información