Curso de Apreciación Musical

Audicións musicais Museo
18 Oct 2019
Sexto Edificio. Museo de Pontevedra. Pontevedra

O venres 4 de outubro comezou o segundo ciclo da décima edición do Curso de Apreciación Musical, dirixido polo profesor Manuel López-Benito. Cada un dos ciclos desenvólvese en catro xornadas que teñen lugar os venres de 19:30 a 21:30 h con asistencia libre ata completar a capacidade do salón de actos do Sexto.

Información
  • Grandes obras da música clásica: os venres 4, 11, 18 e 25 de outubro
  • A opera e as artes escénicas: os venres 15, 22, 29 de novembro e 13 de decembro
  • De 19:30  a 21:30 h
  • Máis información en museo.depo.gal