Axenda de actividades provinciais

A “chambra”. O cuarto do lado. Exposición de Joan Morera

Desde 14/03/2024 ata 30/04/2024
Sala Maruja Mallo. Sede da Deputación en Vigo
Exposición de Joan Morera

A “chambra”O cuarto do lado é unha instalación audiovisual específica composta de seis entrevistas inéditas gravadas entre Francia, Galicia e Euskadi, realizadas dentro do proxecto “Conchita et nous”, o cal se aproxima á historia das mulleres emigrantes españolas en Francia, fundamentalmente en París, durante os anos sesenta e setenta. “Chambra” é unha castelanización da palabra francesa chambre, que significa ‘cuarto’, habitualmente usada na xerga pola comunidade española en Francia.

Información