Mostra "Lebres como Gacelas"

Lebres como gacelas
Desde 04/10/2021 ata 28/11/2021
Sede de Vigo. Sala Rosalía. Vigo

Xela Arias é a autora conmemorada nas Letras Galegas 2021, muller inconformista e intempestiva que deixou un importantísimo legado poético referente para presentes e futuras xeracións e á que, desde a Deputación de Pontevedra, queremos renderlle a nosa propia homenaxe

Esta mostra presenta poemas de autoras referentes na escrita galega, que crearon un diálogo ex professo para a fotografía contemporánea de dous artistas con estilos diferenciados, que retratan o corpo e o contorno cunha ollada poética fixa na realidade máis inmediata.

Información
  • Do 4 de outubro ao 28 de novembro de 2021
  • Inauguración: 4 de outubro ás19 h. Cunha acción poética en directo, acompañada de Emma Ramonet ao violín
  • Confirmación de asistencia á inauguración participa.cultura@depo.gal
  • Máis información