Exposición "Rexas. Mulleres baixo o terror franquista"

Exposición
Desde 07 Aug 2019 ata 21 Aug 2019
Casal de Ferreirós. Poio
Esta exposición, a través de 78 fotografías, conta as historias de 172 mulleres (30 delas da comarca de Deza-Tabeirós), algunhas delas feitas públicas por primeira vez. A mostra está dividida en tres bloques: o primeiro é o da contextualización histórica, que amosa como o golpe de Estado supuxo unha quebra dos dereitos da República; o segundo, o máis longo, analiza as diferentes tipoloxías de represión desde a perspectiva das mulleres que a sufriron; o terceiro busca recoñecer o labor solidario e resistente das mulleres e o seu apoio imprescindible á guerrilla.
Información
  • De luns a venres, de 9.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.00 h; sábados, de 11.00 a 13.30 h
  • Inauguración: mércores 7 de agosto, ás 20.30 h
  • Conferencia de Montse Fajardo a continuación da inauguración: “A represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado do 36”. Actividade de acceso libre relacionada coa exposición