Exposición Rexas. Mulleres baixo o terror franquista

Desde 30 Nov 2019 ata 14 Dec 2019
.
Esta exposición, a través de 78 fotografías, conta as historias de 172 mulleres (30 delas da comarca de Deza-Tabeirós), algunhas delas feitas públicas por primeira vez. A mostra está dividida en tres bloques: o primeiro é o da contextualización histórica, que amosa como o golpe de Estado supuxo unha quebra dos dereitos da República; o segundo, o máis longo, analiza as diferentes tipoloxías de represión desde a perspectiva das mulleres que a sufriron; o terceiro busca recoñecer o labor solidario e resistente das mulleres e o seu apoio imprescindible á guerrilla.
Información
- Horario de visita: de luns a sábado, de 10.30 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h
- Conferencia de Montse Fajardo, a continuación da inauguración, na sala de conferencias: “A represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado do 36”. Actividade de acceso libre relacionada coa exposición
Copyright © 2019. Deputación de Pontevedra. Mapa web | Aviso legal | Accesibilidade | Protección de datos | Política de cookies | Contacto | Alto contraste
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES P3600000H +34 986 804 100 DIR3 LA0006111