Exposición "Rompe. Xoga en igualdade"

Rompe. Xoga en igualdade
Desde 21 nov 2018 ata 16 dec 2018
Vestíbulo do concello. Moaña
Esta mostra reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Nesta exposición de poesía visual, o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo.

As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores.

Información
  • Só haberá paneis
  • Horario: de luns a venres de 9.00 a 14.00 h
  • Inauguración: mércores 21 de novembro ás 19.00 h
  • Máis información