Exposición Sempre Marzo

Sempre marzo
Desde 19 Sep 2019 ata 07 Nov 2019
Pazo provincial. Pontevedra

A exposición reúne unha selección das obras que os 33 artistas participantes no proxecto plasmaron no libro, coordinado por Yolanda Castaño, "unha das poetas máis potentes do mundo". Trátase de 21 creadores e creadoras (17 mulleres e 4 homes) e 12 poetisas que conforman, como destacou a presidenta, "o mellor da cultura galega, que vive unha nova primavera".

Información
  • Inauguración e recital poético: xoves 19 de setembro ás 20:30 h, con Maria Xosé Queizán,  Yolanda Castaño e Mirian Ferradás
  • Horario de visita: de luns a venres de 9 a 21 h
  • Máis información