Exposición "Vento nas velas

Vento nas velas
Desde 08 Jun 2019 ata 07 Jul 2019
Paseo Ribeira. Baiona
"Vento nas velas" é unha proposta expositiva do fotógrafo galego Xurxo Lobato. O obxectivo desta mostra, pensada para ser colocada na rúa, é achegarlle ao público a cultura marítima da nosa provincia, continuando a liña iniciada en 2017 polo Servizo de Cultura e Lingua da Deputación coa exposición “Fasquías. Embarcacións tradicionais”.

Así, seguimos a poñer en valor esta área do patrimonio galego, empregando como medio textos e fotografías publicados en 2017 no libro de Xurxo Lobato “Vento nas velas”.

Información
  • En exterior