Exposición "Muller x muller"

Muller x muller
Desde 03/11/2021 ata 31/12/2021
Sede Vigo. Sala Maruja Mallo. Vigo

"Muller x muller", mostra fotográfica con obras de Karen Knorr, Sue Packer, Susan Meiselas, Graciela Iturbide e Cristina García Rodeiro, cinco grandes referentes da fotografía contemporánea internacional que presentan o universo feminino representando ás mulleres como protagonistas. As pezas, que se poderán visitar desde este mércores ata fin de ano, forman parte da colección "Vigovisións", dos fondos municipais depositados no MARCO, recollendo tamén deste xeito a testemuña do importante vínculo que existe historicamente entre Vigo e a fotografía.

Información
  • Do 3 de novembro ao 31 de decembro de 2021
  • Horario: de luns a venres de 9 a 21h