Novos Valores 2019. Obra seleccionada

Novos Valores
Desde 08 Aug 2019 ata 15 Sep 2019
Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra. Pontevedra

O claustro superior do edificio Sarmiento acolle, desde o 8 de agosto ata o 15 de setembro, a exposición Novos Valores 2019, que mostra as 35 obras seleccionadas neste certame, entre as que se atopan as catro premiadas. "

Nesta edición, as bolsas destinadas á ampliación de estudos recaeron nas obras "Ordensound", de Amine Asselman; "La mirada que escucha", de Elena Matamoro Gómez de los Infantes; na fotografía "Habitación nº A", de Rosa Pardal Aragunde; e na escultura "Maleza", de Alba Castillo Costa.

Información
  • Horario: de martes a sábados, de 10 a 21 h; domingos e festivos, de 11 a 14 h; luns, pechado
  • Catálogo (pdf)
  • Máis información: museo.depo.gal