Obradoiro Arte que Soa

Taller Arte que soa
Desde 16 abr 2019 ata 17 abr 2019
Sexto Edificio. Museo de Pontevedra. Pontevedra
Trátase dunha actividade na que se propón traballar as sensacións e percepcións que transmiten algunhas das pinturas da colección do Museo. Nela as persoas participantes poñeranlles son a unhas obras que o público contempla en silencio.
Información
  • Datas: 16 e 17 de abril (as persoas que desexen participar escollerán unha destas datas)
  • Horario: de 11:30 a 13 h
  • Inscrición: será por vía telefónica ou a través de correo electrónico. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción. O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.
  • Teléfono: 986 804 100, ext. 42412
  • Correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es
  • Máis información en: museo.depo.gal