Obradoiros de verán. Museo de Pontevedra

Obradoiros de verán
Desde 07/06/2021 ata 20/06/2021
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra. Pontevedra

Do 7 ao 20 de xuño estará aberto o prazo de inscrición para os obradoiros de verán do Museo cunha proposta renovada de actividades para nenas e nenos entre 5 e 12 anos. O mundo dos mosaicos romanos, a relación entre o ceo e a humanidade, a creación cerámica e a fantasía dos libros Pop-Up, serán as catro temáticas que explorarán nesta ocasión o público infantil que participe.

Información
  • Inscrición: farase a través da dirección de correo electrónico educacion.museo@depo.es. En cada correo só poderá inscribirse un ou unha participante.
  • Máis información en museo.depo.gal