Exposición “Rompe. Xoga en igualdade”

Rompe. Xoga en igualdade - A Guarda
Desde 07 mar 2019 ata 23 abr 2019
Casa dos Alonso. A Guarda
Esta mostra reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Nesta exposición de poesía visual, o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo.
As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores.
Información
  • Horario: de luns a vernes de 8:00 a 15:00 h
  • Inauguración: 7 de marzo ás 12 h